• 1
  • 2
  • 3

O boleto gañador da viaxe a Cantabria foi para un siareiro do Octavio e os clubs recadaron 50.000 euros

O boleto gañador da viaxe a Cantabria foi para un siareiro do Octavio e os clubs recadaron 50.000 euros

12 Febreiro 2018

O sorteo dunha viaxe de tres días a Cantabria (ruta "Cuevas de Cantabria"), celebrado esta fin de semana no descanso do partido Amfiv-Bilbao no pavillón municipal Pablo Beiro, supuxo para un total de 36 clubs adscritos ao programa Siareiros de VIDE a obtención de 50.000 euros. A colaboración entre a Fundación Vigo en Deporte, presidida polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por Viaxes Zonda, axencia dirixida por Alice Martínez, deu un xigantesco salto e prácticamente logrou para as entidades deportivas que VIDE apoia o dobre de recadación que nos dous anos anteriores.

Ler máis...

O Concello instala unha nova pista flotante na Vermella e mellora o parqué do Central das Travesas

O Concello instala unha nova pista flotante na Vermella e mellora o parqué do Central das Travesas

04 Agosto 2017

O complexo deportivo das Travesas, dependente da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, mellora as súas instalacións. A Pista Vermella mudou o vello solo sintético por parqué flotante. O custo da reforma do polideportivo no que teñen a súa base o Maniotas (ximnasia rítmica) e Bádminton Rachaplumas, entre outras entidades, foi duns 98.000 euros. Iniciouse no verán para non interferir coas competicións e rematouse en menos dos tres meses previsto no prego de condicións.

Ler máis...

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

Manel Fernández aposta por organizar tres campus VIDE, nas Travesas, ETEA e Samil, para potenciar a oferta polideportiva

20 Febreiro 2017

A Fundación VIDE, entidade que preside o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou un salto cualitativo e cuantitativo na programación de campamentos polideportivos de verán.  

Ler máis...

regata nauticoOnte tivo lugar a presentación da imaxe seleccionada no concurso organizado polo Real Club Náutico de Vigo, no que o xurado elixiu por unanimidade o traballo do vigués Juan Ignacio Montenegro. O alcalde felicitou á organización por "gran idea" de sumar un carácter "artístico cultural" á regata.

 

convivencia vigo2015O pasado sábado, a Academia RedBlue VIGO2015 celebrou unha Xornada de Convivencia para os integrantes das súas categorías Prebenxamín e das Escolas de Babys, aproveitando a finalización das competicións. Para iso, coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo que puxo a disposición da Academia o Pavillón do Berbés, entre as 10 e as 14 horas celebrouse un torneo, non competitivo e sen vencedores nin vencidos.

 

clausuras tenisContinuando coas xornadas de clausura do curso deportivo 2015/16 en Vigo, chegou a quenda da escola de tenis. O alcalde, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, aplaudiron o traballo das promesas do tenis vigués.

 

benxamin basketCo patrocinio do Concello de ‪Vigo‬, o Club ‪‎Baloncesto‬ Seis do Nadal - Coia organiza este domingo día 12 o IV Día do Benxamín Vigo-Arousa no multiusos de ‪‎Navia‬ e na zona exterior do pavillón. Vintetrés equipos de categoría benxamín das delegacións de Vigo (17) e de Arousa (6) participarán no evento, é decir, 250 deportistas, cinco pistas no interior do polideportivo e 35 partidos dende as 16:00 ás 20:00 horas.

 

alcalde manel copa vigoA Copa ‪‎Vigo‬ de fútbol afeccionado xa tén finalistas para O Vao (11 de xuño). O pasado sábado, no Federativo de Coia, que recibía as semifinais a partido único por vez primeira neste século, Gran Peña, 4 - San Esteban, 2 e La Guía 1, - Candeán, 0.