Cabecera Vide

Novo período

Manel 3 2

Arrincou a tempada deportiva para abrir un novo período 2023-2027 de mandato municipal, pois a Fundación VIDE, unha idea de unir o público co privado, traballa cóbado con cóbado co Concello na programación do deporte de base.

Porque a canteira necesita todo o agarimo que sexa preciso como piar da actividade física. Sen base non hai semente. VIDE propón competicións formativas, pero tamén programas axeitados aos deportistas individuais ou para os clubs. A finalidade é a mesma: programas fundamentais para desenvolver as habilidades das e dos cativos no eido deportivo. E aí pretende estar a Fundación VIDE. Eses son os nosos terreos de xogo.

Non se trata de ocupar inmensos espazos senón de ser eficaz, de rendibilizar os recursos de VIDE, que chegan dende o Concello pero tamén dun grupo de empresas cun alto concepto da Rendibilidade Social Corporativa e do seu valor estratéxico. Ese “pool” de compañías que camiñan co Concello en VIDE é fundamental para que a Fundación teña en marcha  unha quincena de programas.

VIDE é, está e estará no foco do deporte formativo como unha peza importante nas accións a prol da canteira. Ese é o noso obxectivo.  

 

 

Manel Fernández
Vicepresidente da Fundación VIDE