Colaboradores
- 1
- 2
A Fundación VIDE lanza este xoves a preinscrición para os tres campus polideportivos de xuño e xullo nas Travesas e Samil

15 Maio 2023
A Fundación Vigo en Deporte lanza a preinscrición para os seus tres campus polideportivos, que contarán co apoio dos cadros técnicos dos principis clubs adscritos ao programa Siareiros. Este programa, que dá continuidade no verán ao prograna municipal de escolas deportivas, comezou no ano 2000 e por el xa pasaron milleiros de nenas e nenos.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.
- Detalles
A tradición manda e no partido do Iberconsa Amfiv, único club do programa Siareiros en máxima categoría da súa modalidade, a Fundación VIDE sorteou este sábado a viaxe para dúas persoas patrocinada por Viaxes Zonda. E por certo xa sen máscaras como si ocorreu no anterior sorteo, cando nos primeiros meses de 2022 a pandemia aínda marcaba os eventos deportivos e a vida en xeral.
- Detalles
Os clubs do Programa Siareiros xa están a repartir as tradicionais rifas do sorteo dunha viaxe en 2023, cortesía de Viaxes Zonda, un dos patrocinadores da Fundación Vigo en Deporte.
A Fundación VIDE e Viaxes Zonda repiten a exitosa oferta da tempada pasada para que os clubs poidan recadar un total de 45.000 euros pola viaxe, que de novo decidirá a axencia entre Portugal (Lisboa ou Oporto), Salamanca, Andalucía e País Vasco.
- Detalles
Gran xornada de tenis de mesa este domingo no novo pavillón de Quirós, patrocinada pola Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e organizada polo Illas Cíes Tenis de Mesa, coa participación do colexio Maristas El Pilar e do IES República Oriental do Uruguai, ademais do Club Tenis Mesa Vigo.
- Detalles
O programa VIDE en Futuro, destinado por Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente executivo da Fundación Vigo en Deporte, ás axudas para deportistas individuais sub-23, coñecerá en decembro os e as solicitantes beneficiados. Hai uns días que rematou o prazo de presentación de solicitudes e VIDE está a ordear, cotexar e valorar todas as propostas de subvención pola tempada 21/22. Hai anos que decembro ven sendo o mes de referencia para esta iniciativa de VIDE.