Colaboradores
- 1
- 2
Aberto o prazo de inscrición para os tres campus polideportivos que organiza VIDE nas Travesas e Samil

27 Maio 2022
Aberto o prazo para unha nova edición dos campamentos polideportivos que organiza a Fundación Vigo en Deporte. Seguindo a liña dos últimos anos, VIDE oferta un total de 300 prazas para nenas e nenos de 6 a 14 anos. Haberá dúas quendas no complexo das Travesas e unha no complexo de Samil. Deste xeito, o primeiro dos campus vai ser do 27 de xuño ao 1 de xullo, o segundo, tamén nas Travesas, do 4 ao 8 de xullo, mentres que en Samil terá lugar o derradeiro campamento polideportivo do 11 ao 15 de xullo.
Ler máis...A Fundación VIDE e Viaxes Zonda entregaron esta semana o bono ao gañador do sorteo dunha viaxe para dúas persoas
07 Abril 2022
Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación VIDE, e Alice Martínez, directora de Viaxes Zonda, fixeron entrega do bono para unha viaxe ao vencedor do sorteo incluído no programa Siareiros. O posuidor do boleto 22.307, vendido polo Club Ciclista Vigués, gañou unha viaxe para dúas persoas.
Ler máis...- Detalles
A convocatoria de subvencións a entidades deportivas do municipio pola tempada 19/20 está en marcha. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (Boppo) publicou este luns as bases específicas para a concesión de subvencións por parte do Concello de Vigo ás entidades deportivas do municipio pola súa actividade no sector deportivo formativo na tempada 2019/2020.
- Detalles
Adaptado á situación actual, con medidas de seguridade atendendo a protocolos de hixiene e desinfección e con dúas quendas no complexo municipal das Travesas, o Campus Polideportivo de VIDE volta este verán (13 ao 17 e 20 ao 24 de xullo).
- Detalles
O concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación VIDE, Manel Fernández, mantén contactos telefónicos constantes cos responsables do tecido deportivo vigués para seguir ao día as súas vicisitudes. Sabedor das dificultades que os equipos están a atravesar (hai entidades semiprofesionais viguesas, pero tamén un gran número de clubs que manexan altruistamente centos de mozas e mozos), o edil quere estar ao día da vida do tecido deportivo mentres se mantén o confinamento.
- Detalles
O Concello de Vigo ven de anunciar esta mañá novas medidas fronte ao coronavirus COVID-19. O goberno local mantivo unha reunión de traballo no salón de plenos na que o alcalde informou ás e aos concelleiros das novas decisións en materia de protección fronte ao coronavirus.
- Detalles
O Concello de Vigo ven de incrementar as medidas de precaución en función dos protocolos que as autoridades competentes sanitarias aconsellan polo coronavirus COVID-19 e pecha de xeito temporal o programa municipal de escolas deportivas, que abrangue a uns 4.000 nenos e nenas.