Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

WhatsApp Image 2020 02 15 at 19.01.45Xa temos boleto gañador. Este sábado foi sorteada no descanso do partido do Iberconsa Amfiv fronte ao Amiab Albacete a viaxe para quen participou no concurso de apoio ao deporte vigués que impulsaron Viaxes Zonda e a Fundación Vigo en Deporte (VIDE).

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e a directora de Zonda, Alice Martínez, asistiron ao sorteo, diante de representantes do Club Deportivo Amfiv e de Vitrasa. O boleto afortunado foi o 42.342, vendido pola Escola Deportiva Mosteiro Bembrive. Os números suplentes (reservas en caso de non presentarse a participación gañadora) foron: 16.312 (vendido polo Balaídos) e 8.452 (polo E.D. Vigo 2015).

Esta acción, que supón a quinta campaña consecutiva de colaboración de Viaxes Zonda coa Fundación VIDE, ten significado unha achega de 46.000 euros para as preto de corenta entidades deportivas participantes (1€, prezo do donativo por número).

A viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras terá lugar do 1 ao 7 de maio e inclúe traslado en autopullman dende Vigo, billetes de ferry Tarifa-Tánxer e Ceuta-Alxeciras, e visita a Alxeciras, Tarifa, Tánxer, Fez, Meknes, Tetuán, Ceuta e Xerez.