Cabecera Vide

Cancelación de eventos deportivos e do programa municipal de escolas deportivas como medidas de precaución diante do coronavirus

IMG 20200311 104149O Concello de Vigo ven de incrementar as medidas de precaución en función dos protocolos que as autoridades competentes sanitarias aconsellan polo coronavirus COVID-19 e pecha de xeito temporal o programa municipal de escolas deportivas, que abrangue a uns 4.000 nenos e nenas.

Esta medida súmase ao adiamento da primeira xornada da Liga Concello de Vigo de natación escolar, prevista inicialmente para este domingo na piscina do Carme, o Cros de Monterrey, tamén previsto este domingo, o Cros de Teis Coutada (domingo 22), o Open de Vigo do World Padel Tour nas Travesas (días 25 ao 29) e a Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca, ademais do Campionato de Galicia de hóckey sala benxamín mixto, que ía celebrarse no pavillón municipal de Monte da Mina.

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mantivo unha conversa este mércores cos responsables dos sete croses da tempada 2020. As novas datas dos eventos escolares decidiranse traballando sobre un novo calendario marcado pola evolución da situación e sempre dacordo coas autoridades sanitarias.

Suspensión temporal do Programa Municipal de Escolas Deportivas