Colaboradores
- 1
- 2
A Fundación VIDE lanza este xoves a preinscrición para os tres campus polideportivos de xuño e xullo nas Travesas e Samil

15 Maio 2023
A Fundación Vigo en Deporte lanza a preinscrición para os seus tres campus polideportivos, que contarán co apoio dos cadros técnicos dos principis clubs adscritos ao programa Siareiros. Este programa, que dá continuidade no verán ao prograna municipal de escolas deportivas, comezou no ano 2000 e por el xa pasaron milleiros de nenas e nenos.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
A Universidade de Vigo saíu vitoriosa da primeira edición dos Campionatos de Europa de taekwondo (kyorugi, combate), disputados en Braga (Portugal) e que remataron o sábado. Os taekwondistas que adestra Salvador Fontán cultivaron doce medallas (dúas de ouro, sete de prata e tres de bronce) e amosáronse como a representación máis numerosa (trece competidores) das 26 universidades de seis países (España, Portugal, Rusia, Alemaña, Holanda e Eslovaquia) que participaron. E iso que a Uvigo non puido contar finalmente con Fernando Rascado (-87 quilos, peso medio) nin con David Carril (-58 quilos, peso mosca), lesionados.
- Detalles
Óscar Piñeiro e Águeda Blanco conquistaron este pasado sábado día 12 a cuarta edición da Subida ao Castro, unha proba que se consolidou e que este ano, grazas tamén ao bo tempo, bateu a marca de participación ao acabala 193 corredores.
- Detalles
O xinete vigués Carlos Domínguez pechará o ano contra os mellores do mundo. As organizacións dos concursos internacionais de saltos de Oporto (dotado con 165.000 € en premios) e A Coruña (330.000 € para premios) inscribírono por convite para as probas que terán lugar os próximos días 10 ao 13 (Oporto) e a semana seguinte no CSI de Casas Novas (18 ao 20).
- Detalles
Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, recibiu onte a taekwondistas do ximnasio Tao, compoñentes da selección galega de demostración, para felicitarlles pola súa vitoria no denominado Test europeo de demostración (Demo Team, o Europeo oficioso), en novembro pasado en Portimao (Portugal) durante o Campionato de Europa de pumses.
- Detalles
Unha atleta do Circuíto de Carreiras Populares Cidade de Vigo, convocada para os Europeos de cross en Dublín. Solange Andreia Pereira, do Playas de Jandía canario, nada en Portugal, que vive no Morrazo e nacionalizada española, defenderá á selección estatal nos vindeiros Europeos de campo a través que se correrán en Dublín (Irlanda) o 13 deste mes. Solange, nada en 1989, foi chamada para a proba promesa.