Colaboradores
- 1
- 2
A ACB volve ao Central das Travesas este sábado co Obradoiro-Valencia, un partido entre dous equipos de competicións europeas

07 Setembro 2023
Volve o Cidade de Vigo de baloncesto masculino. Será este sábado, co patrocinio do Concello de Vigo e a organización da Fundación Obradoiro, no Pavillón Central das Travesas, ás 20:00 horas. Obradoiro e Valencia Basket son os equipos elixidos despois de que nos últimos anos tivéramos no Central o Memorial Quino Salvo.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
O domingo 20 de decembro de 2009 a celebro no Pavillón Municipal Couto Ferreiro da Estrada a terceira proba do Circuíto Galego sub-13 e sub-17 de Bádminton organizada polo CB Thebes&Reale a Estrada e a Federación Galega de Bádminton e coa colaboración da Secretaria Xeral Para ou Deporte, Concello dá Estrada, Thebes e Seguros Reale.
- Detalles
Xabier Alonso, concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, recibiu no Concello aos clubs de elite de VIDE para un pequeno encontro por Nadal no que se entregou a primeira doazón da tempada.
A Concellería de Deportes apoia o torneo solidario multideportivo “Nadal en Vigo” para nenos e nenas
- Detalles
Durante catro días e como en anos anteriores, varios pavillóns municipais recibirán este Nadal o Torneo Solidario Multideportivo Nadal en Vigo, que conta co patrocinio da Concellería de Deportes e de Caixanova e a organización do Coruxo F.C., a Federacón Galega de Fútbol Sala e a empresa Tiempo Muerto. O torneo será para nenos e nenas de 4 a 9 anos, que xogarán ao baloncesto, balonmán ou fútbol sala.
- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte solicita aos VOVIS que o desexen a súa colaboración para acudir como voluntarios ao Gran Premio Pedestre de Nadal, a coñecida como Carreira do Pavo (Trofeo El Corte Inglés), que se disputará este domingo día 20 na Praza de Compostela a partir das 10:30 horas.
- Detalles
A carreira do século espera. O Gran Premio Pedestre de Nadal, a coñecida como Carreira do Pavo, disputarase este domingo dende as 10:30 horas na Praza de Compostela. O tradicional evento, iniciado en 1943 para categoría senior masculina e no ano 1964 para as mulleres, non só pon punto final ao ano atlético vigués, senón que esgrime unha dotación económica espectacular: hai 2.280 euros en premios en metálico para as categorías promesa-senior masculina e feminina da proba… e 3.600 euros en xogo para as seis categorías en disputa do Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares (promesa-senior masculina e feminina, F-35, M-40, M-50 e M-60), no que está incluída a proba da Alameda, que pon o colofón ao evento. É dicir, hai en xogo ao redor dun millón das desaparecidas pesetas nas competicións que se vivirán no empedrado da praza.