Colaboradores
- 1
- 2
Caballero di que a “épica” vai definir o Trail Montes de Vigo, en outubro dende Fragoselo e con “dureza extrema”

26 Setembro 2023
Abel Caballero, alcalde de Vigo, anunciou hoxe o regreso do Trail Montes de Vigo, o vindeiro 22 de outubro, despois de catro anos de ausencia da proba pola pandemia. As parroquias viguesas de Coruxo, Saiáns e Oia, ademais da de Chandebrito, en Nigrán, serán o escenario da competición, que o rexedor definiu como “épica” pola dificultade dunha carreira cun trail longo (24 quilómetros) e outro curto (15 km.), con desniveis de 1.500 metros. “É unha proba de dureza extrema”, resumiu Caballero, que dixo tamén que o evento ofrece “un discurso medioambiental e de atletismo”, baixo a organización da Mancomunidade de Montes de Vigo, que preside Uxío González, e co patrocinio do Concello.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
A Supercopa de fútbol sala será o primeiro evento de importancia que viva Vigo no inicio do 2010. Os días 7 e 8 de xaneiro (xoves e venres), o pavillón central das Travesas recibirá aos mellores equipos do país para intentar adxudicarse un título que naceu en 1991 e que en Vigo cumprirá a súa edición número 17, pois nas tempadas 90/91, 96/97 e 99/00 non se disputou ao gañar un mesmo equipo a Liga e a Copa.
- Detalles
A Federación Galega de Baloncesto ofrece a todos os adestradores e afeccionados galegos a posibilidade de participar, o vindeiro 3 de xaneiro, no II Foro do Club do Adestrador Galego, actividade formativa que contará con Carlos Colinas e Moncho Fernández como relatores principais.
- Detalles
O próximo sábado 9 de xaneiro terá lugar no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) o FIM INDOOR ENDURO WORLD CUP. O horario de apertura do recinto será ás 9:00 h. desenvolvéndose diferentes actos ao longo de toda a xornada. Para máis información pode consultar a páxina web www.endurovigo.es
- Detalles
O concelleiro de Deportes e presidente da Fundación Vigo en Deporte, Xabier Alonso, recibiu o día de Noiteboa á balonmanista internacional Begoña Fernández Molinos (Vigo, 1980) na Concellería de Deportes, a fin de felicitala persoal e oficialmente polo seu nomeamento como mellor pivote do mundo e polo cuarto posto acadado no Campionato Mundial celebrado en China. Durante uns 40 minutos, o edil interesouse polo desenvolvemento da competición mundialista, congratulouse de que a viguesa fora incluída no equipo ideal do torneo da IHF, “ao que nos tes xa afeitos”, e preguntou á xogadora sobre a marcha da Liga e os días de vacacións que esta tiña por Nadal. Begoña confesou que “unha nunca se afai a estes títulos”, en relación a levar dous anos consecutivos en seleccións ideais (en decembro de 2008 foi elixida mellor pivote do Vello Continente tras o Europeo de Macedonia, e este ano foino do mundo), ademais de agradecer este recoñecemento do Concello de Vigo á súa traxectoria.
- Detalles
A concellaría de deportes do Concello de Baiona conxuntamente cos clubs locais de Baiona; Club Baloncesto Baiona, Club Balonmán Baiona e Erizana CF organizaron o pasado día 23 de Decembro a I Xornada do Deporte solidario en Baiona 2009.