pavorecortadaO Circuíto Cidade de Vigo decídese en Nadal en cuestión dunha semana. A Subida ao Castro (sábado 12 de decembro) e a Carreira do Pavo (20 decembro) determinarán o primeiro gañador do circuíto en cada unha das categorías en xogo, unha iniciativa da Concellería de Deportes e da Fundación VIDE.

A delegación viguesa da Federación Galega de Atletismo xa dispón dos dípticos do Gran Premio Pedestre de Nadal-Trofeo El Corte Inglés, no que haberá máis de 2.200 euros en premios para as categorías absoluta masculina (promesa-senior, 7.988 metros) e feminina (promesa senior, 4.273 metros). Como todos os anos as carreiras serán na Alameda e haberá probas para todas as idades dende as 10.30 horas. 

 Folleto informativo portada (138.15 kB)

 Folleto informativo contraportada (280.02 kB)