Colaboradores
- 1
- 2
Caballero di que a “épica” vai definir o Trail Montes de Vigo, en outubro dende Fragoselo e con “dureza extrema”

26 Setembro 2023
Abel Caballero, alcalde de Vigo, anunciou hoxe o regreso do Trail Montes de Vigo, o vindeiro 22 de outubro, despois de catro anos de ausencia da proba pola pandemia. As parroquias viguesas de Coruxo, Saiáns e Oia, ademais da de Chandebrito, en Nigrán, serán o escenario da competición, que o rexedor definiu como “épica” pola dificultade dunha carreira cun trail longo (24 quilómetros) e outro curto (15 km.), con desniveis de 1.500 metros. “É unha proba de dureza extrema”, resumiu Caballero, que dixo tamén que o evento ofrece “un discurso medioambiental e de atletismo”, baixo a organización da Mancomunidade de Montes de Vigo, que preside Uxío González, e co patrocinio do Concello.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...500 Siareiros Elite puideron ver en directo e de forma gratuíta a Supercopa de España de fútbol sala
- Detalles
O pavillón central das Travesas rexistrou un cheo no segundo partido da Supercopa (3.500 espectadores) e na final do evento (3.800). Nesas grandes entradas estivo presente o carné de Siareiros Elite, pois segundo informa a organización do evento, o Concello de Vigo e a Liga Nacional de Fútbol sala, medio milleiro de siareiros, ata completar capacidade, accedeu de forma gratuíta aos partidos na suma das dúas xornadas (uns 250 o xoves e outros tantos na final do venres).
- Detalles
Doce dos catorce xogadores que preparan o Campionato de Europa de Hungría 2010 para seleccións nacionais de fútbol sala disputaron os pasados xoves e venres a Supercopa de Vigo. Luis Amado (porteiro), Juanra, Ortiz, Torras, Borja e Daniel (Inter Movistar); Cristian (porteiro), Javi Rodríguez e Fernandao (FC Barcelona); e Juanjo (porteiro), Kike e Álvaro (El Pozo Murcia Turística) están na convocatoria de José Venancio López, seleccionador nacional absoluto, que tamén asistiu aos partidos das Travesas.
- Detalles
ElPozo Murcia Turística proclamouse Campión da Supercopa de España de Fútbol Sala tras derrotar a Lobelle Santiago na prórroga dunha emocionante final que acabou con 3-2. Os galegos tiñan o título practicamente no peto pero Kike enviou o partido ao tempo extra ao marcar cando tan só restaban 12 segundos de xogo.
- Detalles
A Supercopa de España Vigo 2010, vixésima edición do torneo da LNFS, será ofrecida en directo por dúas cadeas de televisión. VEO7 e Teledeporte, ambos da Televisión Dixital Terrestre (TDT), encargaranse de seguir todas as incidencias.
- Detalles
Esta Supercopa de España de fútbol sala, ademais de supor un “boom” televisivo pola nova forma de retransmitir os partidos desta modalidade a través de VEO7, supuxo un fito na historia deste deporte en Vigo.