• 1
  • 2
  • 3

O programa Siareiros tomou Príncipe para amosar a súa fortaleza en tódalas modalidades no comezo da tempada 2018/19

O programa Siareiros tomou Príncipe para amosar a súa fortaleza en tódalas modalidades no comezo da tempada 2018/19

09 Outubro 2018

As escalinatas do Museo Marco e a propia rúa do Príncipe serviron de escenario onte polo serán para a presentación da nova tempada do programa Siareir@s, a campaña 2018/19, ao que están adscritos máis de corenta clubs da cidade.

Ler máis...

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

01 Outubro 2018

Por sexto ano consecutivo, o día 1 de outubro celébrase o Día europeo de fundacións e doantes, unha iniciativa promovida por DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe) e que a Asociación Española de Fundaciones (AEF), da que forma parte a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) dende o seu nacemento, impulsa en España.  

Ler máis...

Caballero inaugurou a mostra fotográfica sobre a historia do baloncesto vigués fronte ao Museo Marco

Caballero inaugurou a mostra fotográfica sobre a historia do baloncesto vigués fronte ao Museo Marco

05 Setembro 2018

Segundo ano, con máis imaxes e no mesmo lugar: en Príncipe fronte ao Museo Marco. Para quentar motores cara ao Memorial Quino Salvo chega unha exposición fotográfica do baloncesto vigués ao longo duns 70 anos, que o alcalde inaugurou este martes.  

Ler máis...
IMG 9964webA organización da cuarta edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo, de fútbol 8 (prebenxamín, benxamín e alevín) e fútbol (infantil) xa conta cos calendarios dunha competición que arrincará o vindeiro luns 26 e que rematará coas súas finais e o torneo autonómico de campións para categoría alevín o venres 30.
 

 
Decathlon webA entrega de dorsais para a San Silvestre viguesa comezará o vindeiro luns 26 e non hoxe. Finalmente así o decidiu a organización da proba atlética non competitiva tras terse ampliado o prazo de inscrición ata o vindeiro domingo 25.
 

 
Braveheart webA organización da San Silvestre viguesa, proba fixada para o vindeiro día 31 con saída en Areal (17:00 horas), decidiu prorrogar o prazo de inscrición ata o día de Nadal, domingo 25. A Concellería de Deportes entende que aínda hai moitos indecisos e optou por manter o prazo aberto unha semana máis.
 

 
Bolseiros webVinte e dous deportistas sub 23, once mulleres e outros tantos homes, recibiron onte polo serán, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, unha axuda económica total de 20.000 euros da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) polos seus éxitos deportivos na tempada 2015/16.
 

 
Subida webÓscar Bernárdez (Athletic´s Fisioterapia San Lázaro) en categoría masculina (11 minutos e 16 segundos) e Ester Navarrete (ADAS Proinor O Barco) na feminina (12:32) convertéronse este domingo nos gañadores da XI Subida ao Castro, a proba atlética máis curta e ao tempo máis dura das que se celebran en Galicia.
 
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, deu a saída e entregou as medallas aos podios xa no Castro.