• 1
  • 2

O Concello aposta de novo polas bolsas para deportistas Sub-23 coa Fundación VIDE, que abre a convocatoria 17/18 ata o 13 de novembro

O Concello aposta de novo polas bolsas para deportistas Sub-23 coa Fundación VIDE, que abre a convocatoria 17/18 ata o 13 de novembro

29 Outubro 2018

En marcha o procedemento para a solicitude de axudas para deportistas individuais, parellas, tríos ou cuartetos do deporte vigués Sub-23. A convocatoria ábrese mañá martes ata o martes 13 de novembro.

Ler máis...

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

Vigo en Deporte súmase hoxe ao Día Europeo de Fundacións e Doantes, xornada que reivindica a forza do sector e que se celebra por sexto ano consecutivo

01 Outubro 2018

Por sexto ano consecutivo, o día 1 de outubro celébrase o Día europeo de fundacións e doantes, unha iniciativa promovida por DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe) e que a Asociación Española de Fundaciones (AEF), da que forma parte a Fundación Vigo en Deporte (VIDE) dende o seu nacemento, impulsa en España.  

Ler máis...
Presentación BandeiraO concelleiro de Deportes e presidente da Fundación VIDE, Manel Fernández, presentou este venres a XXV Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras, que se celebrará este domingo 18 no Vao (12:00 horas) co patrocinio municipal. Dez tripulacións de toda Galicia e unha de Asturias (Castropol) pelexarán polo triunfo.
 

 

f7A selección de fútbol 7 do Campionato de Vigo en Xogo está dende onte na localidade de Puertollano (Cidade Real) para disputar a decimoterceira edición do Campionato de España de F7, baixo a organización da Asociación Nacional de Fútbol 7, á que Vigo pertence.

Vintecatro equipos de todo o país xogan o torneo, que ademais este ano engadiu competición de veteráns. 

 
IMG 6924webO alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu o bandeirazo de saída á Vigo Cup 2017, que este ano terá "dous apartados distintos porque incorpora o fútbol sala ao fútbol e fútbol 7", explicou o rexedor na rolda de prensa de presentación. 
 
O torneo de fútbol sala celebrarase do 26 de xuño ao 2 de xullo e o de fútbol e fútbol 7, do 3 ao 9 de xullo. "Serán dúas semanas do mellor deporte no maior evento deportivo de Galicia e, posiblemente, de España", sostivo.
 

 
LOGO VIGO CUP FUTSAL 01Xuño e xullo van ser dous meses estrela para a Fundación Vigo en Deporte, que oferta tres campamentos deportivos e dous torneos internacionais.
 

 
GadisGadis será patrocinador da Vigo Cup 2017. Así o pactou o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, co delegado provincial de Gadisa, Pablo Louro, despois de tratar hai uns días o posible apoio da cadea de supermercados, que xa colaboraba noutros eventos pilotados polo Concello como a San Silvestre solidaria.