IMG 8979webÁ terceira intentona este ano o vigués Gonzalo Basconcelo (Real Club Celta) sumou o seu primeiro triunfo no Circuíto Run Run Vigo 2017 ao impoñerse cun tempo de 23:24 minutos na Nocturna de San Xoán, a proba pedestre máis tradicional das puntuables para o circuíto municipal pois data de 1984.
 
Pero a carreira pasará á historia pola vitoria en categoría feminina doutra viguesa, Ester Navarrete (ADAS Proinor), que acabou na vixésima segunda praza da xeral (26:29 minutos) e converteuse na primeira muller que gaña a San Xoán tres anos consecutivos este século (2015, 2016 e 2017). Así, dous vigueses triunfaron na noite de San Xoán. 
 
A proba, cunha temperatura máis agradable do que se podía esperar, saía puntual desde Camelias, fronte á Praza do Rei e ao Concello, uns metros por diante da edición anterior. Tras situar aos atletas na pendente, o alcalde, Abel Cabaleiro, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, e o concelleiro Ángel Rivas, encabezaba o grupo para facelo avanzar uns metros á posición final de saída, dende a que deu o disparo de comezo.
 
Na carreira máis rápida do circuíto, uns 700 atletas voaron por Camelias e baixaron a tumba aberta por Romil para encarar Pi i Margall. Tal era a velocidade do grupo cabeceiro que os fotógrafos que se foron case á carreira dende Praza do Rei ao Paseo de Alfonso non lograron captar alí aos primeiros. Todos queren gañar a liga municipal, que reparte 4.80 euros por igual entre as oito categorías en liza.
.
Roade, vencedor das últimas citas (Beade e As Travesas), era favorito sobre o papel. Pero Basconcelo plantexou unha perfecta batalla e superouno. Correra a Happy Go Running nas Lagoas Marcosende sendo segundo tras Rubén Diz e fixera un gran papel na Vig-Bay (decimotercero). Esta vez o mediofondista local levou o primeiro lugar do podio e 500 puntos, co que alcanza o milleiro e aspira ao podio da categoría M-1 na que o nigranés Roade (Bikila), segundo nesta oportunidade (23:29), vai líder destacado con 1.950 puntos, seguido polo pontareano Daniel Bargiela (Bikila), con 1.650. O dominio do Bikila foi bestial: dous de tres prazas de podio.
 
Na cuarta praza chegaba Rubén Pereira, fantástico (24:27), que libra unha espectacular batalla na categoría M-2, e o olímpico José Carlos Adán rozaba o top ten (undécimo, 25:48).
 
Nas categorías femininas, Navarrete chegaba feliz e pletórica: catro carreiras, catro triunfos. O podio completábano Diana Ruivo (28:48, 70 na xeral) e Sara Lima (29:48, posición 88). A Ester fáltalle unha proba para cumprir co reglamento (é necesario competir en seis para gañalo premio) pero xa anuncia que sendo de Vigo vai facer todas as que poida de setembro a decembro.
 
Un total de 641 corredores (161 mulleres) dos 695 inscritos completaron a carreira, que acabou nunha ateigada Praza do Berbés coa esperada "sardiñada". Agora, o Run Run Vigo tómase unha pausa ata o 10 de setembro coa 10K Xornadas Marisqueiras, no porto pesquero.