IMG 1331fb

A xornada de onte, coa inauguración dun monumento aos deportistas olímpicos e paralímpicos de Vigo e ao barón de Coubertain, foi tan sinxela coma emotiva e amplamente apoiada polo tecido deportivo local.
 
Presidentes de clubs, de sociedades recreativas, deportistas, adestradores, xogadores e xogadoras estiveron no acto presidido polo alcalde da cidade, Abel Caballero.
 
O monumento recolle a participación nos Xogos de 43 deportistas, 37 en Xogos Olímpicos (29 homes e 8 mulleres) e 6 en Xogos Paralímpicos (5 homes e 1 muller) máis aló de conquerir medalla ou non.
 
Son quince deportes nos que houbo representación da cidade nos Xogos Olímpicos modernos: atletismo, baloncesto, balonmán, ciclismo, fútbol, ximnasia rítmica, loita, natación, piragüismo, remo, tenis, tiro olímpico, triatlón, vela e voleibol.
 
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, amosou a súa satisfacción pola resposta do deporte local ao acto. O monumento deixa espazo dabondo para as futuras incorporacións de deportistas olímpicos en Tokio 2020, de 2024...
 
Dos corenta e tres deportistas, trece foron aos Xogos de verán defendendo a grímpola do Real Club Náutico de Vigo, mentras que oito foron do Real Club Celta de atletismo. O Club Deportivo Amfiv é a entidade local que maís deportistas aporta aos Xogos Paralímpicos: Pablo Beiro, Chano Rodríguez (estivo no club nas citas de 2000 e 2004) e Agustín Alejos.