manzanares celtaA planificación da tempada 16/17 para Celta Zorka dá os seus primeiros pasos. Ylenia Manzanares (Logroño, 1983) continuará vestindo de celeste tras o acordo alcanzado entre club e xogadora. Deste xeito, prolóngase unha relación que comezou en xaneiro deste ano cando a rioxana se incorporou ao equipo no inicio da segunda volta, alcanzando 11.1 puntos e 12.2 rebotes.

Manzanares ten unha extensa traxectoria como xogadora sénior iniciada en 2004, e onde alternou a súa presenza en liga feminina 1 e 2 en distintos clubs, converténdose nunha xogadora referente para todos os seus equipos.