Cabecera Vide

Os relatores na mesa redonda no colexio Miralba destacan a importancia do deporte na formación da persoa

mesaredondaUnhas 70 persoas tomaron boa nota onte mércores das experiencias dos relatores na mesa redonda organizada polo Club Deportivo Miralba co apoio da Fundación VIDE e a Federación Galega de Fútbol Sala.

Por espazo de hora e cuarto, o salón de actos do colexio Miralba (Xesuitinas) converteuse nun foro no que Xabier Alonso, concelleiro de Deportes; Jorge Santos, director de Infancia, Mocidade e Deportes de Caixanova; o médico Elías Festa, a xogadora do Celta Indepo Pilar Valero e o directivo da FGFS Jorge López trataron sobre saúde e deporte dende os seus programas e/ou experiencias.

Laura Magdalena, directora xerente de VIDE, foi a encargada de resumir os relatorios e deixou tres titulares para a introspección do público: “A educación deportiva é importantísima para o desenvolvemento saudable das persoas; o deporte non compite cos estudos académicos; e o deporte é unha fábrica de valores, como a capacidade de superación, de esforzo, de integración, de toma de decisións, de igualdade...".

Presentou o acto Ignacio Parajó, director do colexio Miralba, que se mostrou satisfeito por levar ante pais e nais, alumnado e deportistas “un amplo espectro do deporte vigués. Nós seguimos aportando o noso gran de área".