Cabecera Vide

O Club Bádminton As Neves sentenza os ¼ de final do play off polo título da liga nacional de bádminton - primeira división ao derrotar 6-1 ao CB Benalmádena "B"

O sábado día 30 de xaneiro de 2010 o Club Bádminton As Neves disputou no Polideportivo Regueiro do Mel de Benalmádena (Málaga) o partido de ida dos cuartos de final do play off polo título da Liga Nacional de Bádminton de Primeira División contra en ao anfitrión o Club Bádminton Benalmádena "B" a partir das 14:00 horas.

O CB As Neves conseguiu un excelente resultado ao derrotar o equipo andaluz por un contundente 6-1 e deixa a eliminatoria practicamente resolta e o 20 de febreiro ante a súa afección deberá ratificar o seu pase ás semifinais e o ascenso a división de honra.

Para este encontro o Club Bádminton As Neves desprazo a Benalmádena aos seus mellores xogadores de Liga Nacional: Pablo Méndez, David Durán, Bruno Moldes, Angela Soto, Andrea Fernández, Nerea Alvés, Leticia Rodríguez xunto ao seu técnico Ana Durán.
Este foi o resultado dos encontros:

CB Benalmádena "B" - CB As Neves 1 -6
Dobres Mixtos:
Dobres Feminino:
Dobres Masculino:
Individual Feminino nº 2:
Individual Masculino nº 2:
Individual Feminino nº 1:
Individual Masculino nº 1:

O partido de volta do próximo 20 de febreiro de 2010 en As Neves pretende ser unha festa e ofrecer á súa afección outra vitoria e a celebración do pase a semifinais e o ascenso a División de Honra.

O seu posible rival en semifinais sairá do encontro Club Universitario Donosita - CB Mahón.

Toda a información pode atopar na páxina Web www.todostorneos.es