Cabecera Vide

Vigo viu a case toda a selección española na Supercopa de fútbol sala

carlossupercopaDoce dos catorce xogadores que preparan o Campionato de Europa de Hungría 2010 para seleccións nacionais de fútbol sala disputaron os pasados xoves e venres a Supercopa de Vigo. Luis Amado (porteiro), Juanra, Ortiz, Torras, Borja e Daniel (Inter Movistar); Cristian (porteiro), Javi Rodríguez e Fernandao (FC Barcelona); e Juanjo (porteiro), Kike e Álvaro (El Pozo Murcia Turística) están na convocatoria de José Venancio López, seleccionador nacional absoluto, que tamén asistiu aos partidos das Travesas.

España está concentrada dende o sábado en Las Rozas e este mércores xogará no Escorial un amigable ante Holanda (Teledeporte). A lista de catorce convocados complétase con Lin (Caja Segovia) e Javi Eseverri (MRA Navarra).

Dáse a circunstancia de que o Xacobeo 2010 Lobelle é o único dos participantes na Supercopa viguesa sen representación no combinado nacional. E iso que o conxunto santiagués tivo no seu porteiro Carlos Barrón ao MVP do torneo.