Cabecera Vide

Dos cadetes do Trasnos proclámanse Campións de España de béisbol e un terceiro medalla de bronce

trasnos_2013Esta fin de semana xogou en Pamplona o Campionato de España de béisbol cadete serie A, que reuniu os 6 mellores equipos do país. Tres cadetes do Trasnos Béisbol Club tiveron a oportunidade de participar e conseguiron volver a Vigo con medallas. Daniel Villacieros e Miguel Groba, conseguen proclamarse Campións de España 2013 con CB Barcelona e Anxo Heras consegue a medalla de bronce co equipo navarro de Amaya.

É a primeira vez que un xogador galego consegue o primeiro posto nesta competición nacional e dende o club están moi orgullosos do traballo que fixeron os tres xogadores. Ademais forman parte da Selección Cadete Galega de béisbol que este ano participará en setembro no nacional de Seleccións Autonómicas en Asturias.