Cabecera Vide

O Olivo cae derrotado e perde a loita polo ascenso

O conxunto vigués perdeu onte, ante o Girona, na primeira eliminatoria da fase de ascenso a primeira división. En partido de ida perdeu por 4-0 e onte, en partido de volta, por outro contundente 0-3 no Municipal Pahíño. As viguesas xogaron sen tres das súas xogadoras clave: Anair Lomba, Pauleta e Cho. Con todo iso o Olivo tivo unha actuación digna e moitas ocasións de gol co que finalizou o partido con moi boa imaxe.

Tras a finalización da liga, o cadro de Juan Carlos García "Charly" segue en competición coa Copa Federación, o mércores, e  a Copa Vigo, o xoves.

OLIVO 0
GIRONA 3

Olivo: Any, Karen, Vicky, Cuchi (Ale m. 68), Raquel (Fefi m. 62), Sara Tui, Nati, Loreto, Otero, Picher (Drus m. 68), Carla González (kisi m. 53).
Girona: Irina, Laura, Aina, Laura Rey (Rebeca m. 60), Ana Martí (Clara, m. 35), Espinosa, Tania Martínez, Silvia, Sara (Natalia m. 53), Esther, Paula (Judith m. 64).

Goles:
0-1mi. 28 Silvia; 0-2 min. 38 Sara; 0-3 min. 63 Rebeca.