Cabecera Vide

O Club Vigo flamante campión galego xuvenil

Estaba case escrito que serían os vigueses os que levarían o Campionato Galego xuvenil masculino de Voleibol pero o que non esperaba é que os lucenses desen tanta guerra como deron nos primeiros compases do encontro xa que os sets intermedios, segundo e terceiro foron moi axustados, non así o primeiro e o cuarto que o levaron os vigueses con certa facilidade.

A esta final chegouse despois de que os lucenses vencesen pola mañá aos ourensanos do Burgas e os vigueses aos de San Sadurniño.

O encontro comezou con grandes diferenzas por parte viguesa que demostraban quen son os que mandan no voleibol galego en categorías base. Pero estas diferenzas fóronse limando ben por erros locais ou por acertos visitantes. As diferenzas eran grandes o que permitiu aos locais levar o set.

O segundo set e levados pola relaxación os vigueses despois dunha diferenza de catro puntos foron quen de deixarse empatar polos visitantes e poñelos en serias dificultades para facerse co set.

Co marcador en franquía de dous sets cero, os locais relaxáronse en exceso o que motivou que os visitantes se viñesen arriba e despois de levar unha diferenza de catro puntos 20-16, foron quen de empatar e de levar o set.

O cuarto e definitivo significou a rúbrica a unha xornada de gran voleibol de categorías base xa que os vigueses, que non se querían deixar sorprender polos lucenses, dende o primeiro momento puxeron por diante con diferenzas moi claras de ata oito puntos o que permitiu aos seus técnicos facer varios cambios e dar entrada a todo o equipo.

CLUB VIGO 3    EMEVE DE LUGO 1
Parciais: 25-20 (22m.) 25-22 (26m.) 23-25 (24m.) 25-12 (22m.).
VIGO; Penedo; Sánchez; Liñares; Ortega; Alonso e López. Libre Sienes. Tamén xogaron: Matos; Castro; Pelaéz e Pérez
LUGO; Dovale; Gómez; Rozas; Bugidos A.; Diáz. e Sánchez. Libre Bustos. Tamén xogaron: Regueiro e Bugidos P.
Árbitros: Cordeiro e Domínguez.
Pavillón de Coia 200 espectadores
Presidiu o Trofeo o Concelleiro de Deportes Manel Fernández.