Cabecera Vide

Vigo en Xogo suspéndese dúas semanas mentras se busca outro seguro deportivo

Tras a reunión mantida o martes entre a organización de Vigo en Xogo e os clubs participantes nas súas tres competicións (fútbol 7, fútbol sala e baloncesto), con masiva afluencia (223 equipos de 267), as partes determinaron a paralización dos campionatos durante as dúas semanas que restan para rematar o mes.

Os equipos, de forma maioritaria, non están de acordo na subida da franquía do seguro deportivo e urxiron a procura dunha compañía que manteña o prezo establecido antes de empezar a competición.

A Agrupación Deportiva Vigo, organizadora dos torneos, trasladou esa petición á correduría de seguros encargada de xestionar o seguro dos preto de 3.600 deportistas non federados que de outubro a xuño disputan Vigo en Xogo.