Cabecera Vide

Descontos para @s siareir@s en tres tendas de deportes da cidade

videNovos acordos acadados pola Fundación VIDE. Siareiros e siareiras poderán mercar con descontos en tres casas comerciais adicadas ao deporte.

A Fundación Vigo en Deporte alcanzou diversos acordos con varias firmas comerciais para beneficiar ao abonado ao carné Siareiro presentándolle propostas que dan aínda máis valor ao do xa de seu deste carné solidario único en España. Así, tres tendas de deportes ofrecen descontos substanciais nas súas compras para quen acredite ser socio do programa máis solidario dos que traballa VIDE.

Deportes Balbi (avenida Fragoso, 41), Tiempo Muerto (rúa Urzaiz, 103) e Doble F Sport (r/Manuel Martínez, 3) promocionan descontos do 10 (Balbi e Tiempo Muerto) ao 12 por cento (Doble F) nos seus produtos. Esta é unha das iniciativas deseñadas dende VIDE para animar ao socio e socia siareir@, pero non a única nin a derradeira.