Cabecera Vide

A Vigo Cup 2012 axusta as súas datas de novo a xullo, do 2 ao 8, coa organización de VIDE

vijokapA Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol base que cada verán dende o ano 2001 celébrase na cidade, regresará en 2012 fiel á súa cita.

O presidente da Fundación VIDE, Manel Fernández, mantivo unha nova reunión de traballo con Belarmino Alonso, Milucho, e outros membros da organización e de VIDE para axustar as datas a diversas circunstancias observadas nas últimas datas. Dende a creación do evento Milucho é un dos valores básicos da organización deste campionato.

Tras estudar e atender varias opción e peticións, as datas definitivas elixidas para a decimosegunda edición serán do 2 ao 8 de xullo, en lugar das inicialmente baralladas do 25 de xuño ao 1 de xullo. Mantéñense as categorías en xogo dos últimos anos en fútbol 7 (sub 7, sub 8; sub 10, sub 12 e damas) e fútbol (sub 14 e sub 16).

A Vigo Cup, un torneo que mistura a competición con actividades lúdicas e pretende ser o nexo de unión dos equipos da cidade, bateu a marca de participantes a tempada pasada, superando por vez primeira na súa historia os 200 conxuntos inscritos.