A Fundación Vigo en Deporte fixou a Vigo Cup 2011 do 4 ao 10 de xullo deste ano. O evento, que entra na súa undécima edición e cumpre dez anos de vida, volverá apostar polos valores que o fixeron grande durante toda unha década.
En tempos de crise, VIDE tamén entende que debe continuar coa conxelación dos prezos de inscrición, como sucedeu os últimos anos. O prazo de inscrición xa está aberto e a data límite de solicitude de inscrición será o vindeiro 13 de maio.
As categorías previstas son as seguintes:
Fútbol 7
Sub 7 (nacid@s despois do 1 de xaneiro de 2004). Sub 8 (nacid@s despois do 1 de xaneiro de 2003). Sub 10 (nacid@s despois do 1 de xaneiro de 2001). Sub 12 (nacid@s despois do 1 de xaneiro de 1999). Sub 16 (nacidas despois do 1 de xaneiro de 1995). Damas (aberto). As categorías sub 7, sub 8, sub 10 e sub 12 son mixtas.
Fútbol 11
Sub 14 (nacid@s despois do 1 de xaneiro de 1997). Sub 16 (nacidos despois do 1 de xaneiro de 1995). A categoría sub 14 é mixta.
@s deportistas poderán xogar en categorías superiores á correspondente por idade, nunca en inferiores, pero só se poderán inscribir e xogar nunha categoría e equipo.
Matrícula
Sub 7 e Sub 8: 30 € por equipo.
Resto de categorías: Matrícula Ordinaria de 90 € por equipo. Matrícula Bonificada de 60 € por equipo solicitando a inscrición antes do 2 de maio de 2011.
Cada 5 inscricións de equipos do mesmo club, un (1) gratis.
Os campións do cadro de honra da edición de 2010 de cada categoría están invitados á presente edición.
pdf Solicitude de inscrición en formato PDF (174.26 kB)