As chicas de hóckey a patíns son as máis solicitadas no programa da Fundación VIDE "Aprende dos que máis saben" desta tempada.
Un total de 8 colexios solicitaron ata o momento a súa visita das 42 solicitudes que VIDE atendeu dende o comezo do programa (hai cousa de dous meses) ata o día de hoxe.
Mozos e mozas, nenos e nenas están a gozar unha tempada máis da visita das xogadoras e xogadores da elite viguesa.
Na foto, o pasado venres, os xogadores do Octavio Pilotes Posada, da mán do seu adestrador Quique Domínguez, na visita que realizaron ao Colexio Martin Codax.