Cabecera Vide

O xogador Carlos Blanco é convocado para a selección española de seven

374carlos blanco_prensaO xogador español de orixe australiana Carlos José Blanco Smith del Iveco Universidade Vigo Rugby foi convocado para xogar coa selección española de seven o torneo de Carlton-Sri Lanka que se disputará na capital dese país asiático, Colombo.

Neste torneo internacional participan importantes seleccións de seven, entre elas Sudáfrica, Nova Zelandia, Australia ou Fiji, que atopan poñéndose a punto de cara ao inicio das Seven World Series da IRB que comezan en Dubai a primeira fin de semana de decembro. Cabe recordar que Carlos Blanco foi internacional sub19 con Australia, participando na final do mundial junior que se disputou en Sudáfrica no ano 2005 e na que foi subcampiona, perdendo coa Nova Zelandia de noso tamén xogador, Riki Tukaki. Chegou esta tempada a Vigo xa que o seu pai é natural de Pobla de Trives, municipio ao que regresou hai algúns anos.

O xogador seleccionado partirá rumbo a Sri Lanka vía Frankfort o día 24 de novembro e estará de regreso o día 1 de decembro, polo que se perderá o partido ante o BUC Barcelona que se xogará en Vigo o 27 de novembro.