Cabecera Vide

O Celta viaxa a Vilagarcía

celtanovembro2010Mañá sábado a partir das 19.00 horas o Celta Indepo volve competir. Tras o mal partido e peor resultado da pasada xornada fronte ao Mann Filter, enfrontántase a un Extrugasa de Vilagarcía que co seu fugaz paso por LF2 regresa á máxima categoría moi reforzado,  equipo de experiencia, calidade e moi competitivo.

Intensa semana de adestramentos, preparación tanto física como mental de cara a este importantísimo partido. Miguel Méndez afronta o derbi en Vilagarcía con preocupación tras as dúas últimas derrotas e espera que o encontro co Extrugasa motive as súas xogadoras para iniciar unha reacción.


Extrugasa-Celta Indepo
Sábado, 20 de novembro ás 19.00 h.
Pavillón de Fontecarmoa (Vilagarcía)
Árbitros: Palenzuela Pastrana, Miguel e Pombo Matin, Esteban