Cabecera Vide

Manel Fernández recibiu a membros da Policía Local para agradecer o seu labor nos torneos deportivos

Manell policiaO concelleiro presidente de VIDE e concelleiro de Deportes de ‪‎Vigo‬, Manel Fernández, entregou unha serie de trofeos e agasallos a membros da ‪Policía‬ Local polos seus torneos deportivos cos outros corpos de seguridades (fútbol diante do Corpo Nacional de Policía e da Guardia Civil, baloncesto fronte á Benemérita) e tamén por un torneo de pádel solidario que se celebrou onte coa Policía Local de Ourense.

O responsable político do deporte da cidade agradeceu á representación policial o seu traballo na ordenación do tráfico e a seguridade todas as fins de semana nas probas que se organizan na vía pública, e con especial énfase polo seu apoio ao circuíto Run Run Vigo de carreiras populares.

O concelleiro tamén estivo presente xunto cos seus compañeiros de Corporación no acto institucional do Día da Policía Local, na Praza do Rei, no que presidido polo alcalde entregáronse os trofeos de fútbol e baloncesto.