Cabecera Vide

Momento doce para a base académica

20150322 octavioEste pasado domingo finalizou, coa disputa dunha xornada (12) aprazada por parte de ga de Balonmán, a competición nas categorías de División de Honra do balonmán autonómico masculino.

Así, os equipos infantil, cadete e xuvenil recibiron, na pista central do I.M.D As Travesas aos seus últimos rivais da tempada 2014/2015: os conxuntos do Balonmán Xiria.

Os infantís, terceiros, con praza para o sector

Nunha primeira quenda, o Academia Octavio 'A' (infantil), dirixido por Pablo Lorenzo, segundo adestrador do equipo de División de Honra Prata, impúxose por un contundente 38-18 ao Garaysa Xiria e puido celebrar o seu terceiro posto na clasificación, que outorga praza para participar na fase estatal do Campionato de España.

Os pupilos de Lorenzo acompañarán ao Seis do Nadal-Coia Distevi e ao Cisne de Balonmán (campión e subcampéon de liga, respectivamente) no sector que se disputará entre o 29 e 31 de maio nunha sede aínda por determinar.

Lorenzo mostrouse "moi contento coa evolución que tivemos ao longo da tempada". E afirma que "a disputa do sector é un premio e unha experiencia fantástica para nós". E é que os infantís non poderían rematar a competición de mellor xeito: "A segunda volta da liga reflexa que estamos a rematar o ano moi fortes, só perdemos contra o líder e gañamos nas pistas dos nosos principais rivais: Cisne e Carballal", explica o técnico do equipo infantil.

Momento doce para a base académica

Javier Fernández 'Jabato', director deportivo do club, tamén valorou os resultados obtidos polos equipos de División de Honra nas súas respectivas competicións autonómicas.

"Estou moi contento por que dous dos tres equipos que actualmente disputan a División de Honra galega se clasificaran para o sector nacional e moito máis, se cabe, polo título de campión do conxunto cadete", manifestou o ciudadrealeño. Con respecto ao equipo infantil sinalou que a pesar de quedar terceiros "son moi competitivos e ademais remataron a liga igualados a puntos co Cisne, segundo". Confía en que realicen un bo papel no sector.

Ademais, 'Jabato' recoñeceu o mérito do equipo cadete que se proclamou campión "nunha liga moi complicada, con cinco equipos de nivel similar e que en calquera momento podían dar un susto".

Con respecto ao método de traballo da base que se instaurou esta última tempada, Fernández afirmou que "o obxectivo é que todos os equipos xoguen ao mesmo balonmán, aínda así hai que traballar para que todo vaia máis en consonancia".

Esta próxima fin de semana, os equipos infantil, cadete e xuvenil comezarán a súa participación na Copa Federación.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nun partido máis disputado que o primeiro que se viviu o domingo pola mañá en Travesas, o equipo cadete de Andrés Martínez conseguiu os dous últimos puntos da tempada 2014/2015 que lle aseguraban o título de campión galego.

Tras impoñerse por oito goles ao Grupo Lemaco Xiria (35-27), os cadetes académicos por fin puideron celebrar o título ligueiro que tanto se lles resistiu. Tan só seis puntos perderon ao longo da tempada os xogadores de Martínez, catro deles nas últimas xornadas e de xeito inesperado ante o Lalín Autocares Meijide de Lalín e o Cisne de Balonmán (a outra derrota foi ante o Seis do Nadal-Nadal-Coia Paleo Training na primeira volta de liga).

Así, o balonmán galego contará con dous representantes vigueses na fase estatal cadete que se disputará o fin de semana do 22 ao 24 de maio: o Academia Octavio e o Seis do Nadal.

Os de Martínez proclamáronse campións nunha competición que o propio técnico describe como "a liga cadete máis competida dos últimos anos". "A proba está en que la S.D Teucro, campión galego en infantil hai dous anos, rematou décimo esta tempada", engade Martínez, quen xa acumula no seu curriculum uns oito títulos de campión galego co Octavio. Recoñece que o que máis ilusión lle fixo foi "hai cinco anos, cando cun equipo moi xusto quedamos quintos de España en categoría cadete".

Os xuvenís, en División de Honra outra tempada máis Reto complicado o que tivo que afrontar esta tempada o equipo xuvenil de División de Honra.

Tras haberse proclamado campións de Galicia a anterior campaña, o equipo tivo que facer fronte ao cambio xeracional e a un novo corpo técnico, encabezado por Rodrigo Fernández, para asegurar a permanencia na categoría.

Reto que cumpriron con nota tras realizar unha espectacular segunda volta (seis vitorias, un empate e cinco derrotas). Tamén, puxeron o broche de ouro á tempada 2014/2015 cunha vitoria ante o Xiria Laber por 32-29.

O técnico xuvenil, Rodrigo Fernández, realiza unha valoración final "moi positiva". "O equipo foi de menos a máis, ata tal punto de ser un dos mellores conxuntos da segunda volta,", afirma.

Ademais de asegurar a permanencia con 20 puntos e unha novena posición, o traballo do equipo xuvenil estivo marcado esta tempada pola súa achega ao equipo sénior, personificado en Rubén Figueirido e Dani Bernárdez no que supón unha aposta directa de Javier Fernández 'Jabato' pola canteira do club.