Colaboradores
- 1
- 2
Caballero di que a “épica” vai definir o Trail Montes de Vigo, en outubro dende Fragoselo e con “dureza extrema”

26 Setembro 2023
Abel Caballero, alcalde de Vigo, anunciou hoxe o regreso do Trail Montes de Vigo, o vindeiro 22 de outubro, despois de catro anos de ausencia da proba pola pandemia. As parroquias viguesas de Coruxo, Saiáns e Oia, ademais da de Chandebrito, en Nigrán, serán o escenario da competición, que o rexedor definiu como “épica” pola dificultade dunha carreira cun trail longo (24 quilómetros) e outro curto (15 km.), con desniveis de 1.500 metros. “É unha proba de dureza extrema”, resumiu Caballero, que dixo tamén que o evento ofrece “un discurso medioambiental e de atletismo”, baixo a organización da Mancomunidade de Montes de Vigo, que preside Uxío González, e co patrocinio do Concello.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles

- Detalles
Futebol Clube do Porto e Morabanc Andorra, equipos da Liga Placard lusa e da Liga ACB, respectivamente, xogarán o sábado 15 de setembro (20:00 horas) a terceira edición do Memorial Quino Salvo no Central das Travesas.
- Detalles
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe martes en Alcaldía ás cinco tripulacións viguesas que foron medallistas nos pasados Mundiais de Vaurien en Travemunde (Alemaña), en xullo, e de 420 en Newport (Estados Unidos) hai uns días.
- Detalles
- Detalles
O segundo verán consecutivo dos campus de VIDE en tres complexos deportivos municipais funcionou como se esperaba: enorme aceptación, cuns 400 alumnos e alumnas na suma das tres accións, e éxito do modelo polideportivo posto en marcha polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o verán pasado.