Colaboradores
- 1
- 2
Caballero di que a “épica” vai definir o Trail Montes de Vigo, en outubro dende Fragoselo e con “dureza extrema”

26 Setembro 2023
Abel Caballero, alcalde de Vigo, anunciou hoxe o regreso do Trail Montes de Vigo, o vindeiro 22 de outubro, despois de catro anos de ausencia da proba pola pandemia. As parroquias viguesas de Coruxo, Saiáns e Oia, ademais da de Chandebrito, en Nigrán, serán o escenario da competición, que o rexedor definiu como “épica” pola dificultade dunha carreira cun trail longo (24 quilómetros) e outro curto (15 km.), con desniveis de 1.500 metros. “É unha proba de dureza extrema”, resumiu Caballero, que dixo tamén que o evento ofrece “un discurso medioambiental e de atletismo”, baixo a organización da Mancomunidade de Montes de Vigo, que preside Uxío González, e co patrocinio do Concello.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
En marcha o procedemento para a solicitude de axudas para deportistas individuais, parellas, tríos ou cuartetos do deporte vigués Sub-23. A convocatoria ábrese mañá martes ata o martes 13 de novembro.
- Detalles
As escalinatas do Museo Marco e a propia rúa do Príncipe serviron de escenario onte polo serán para a presentación da nova tempada do programa Siareir@s, a campaña 2018/19, ao que están adscritos máis de corenta clubs da cidade.
- Detalles
O Club Natación Vigo Rías Baixas presentouse este sábado na piscina municipal de Teis nun acto multitudinario ao que acudiu o alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández (presidente de VIDE), e o deputado provincial e edil Ángel Rivas. O club tamén contou co apoio de Chano Rodríguez, nadador paralímpico.
A entidade que preside Antonio Vázquez estrea categoría este exercicio, ao acadar o ascenso a Primeira División a pasada primavera. En dous anos, o Vigo Rías Baixas saltou de Terceira á Primeira na competición galega por clubs en piscina. Agora "a permanencia é a meta", sostén o directivo.
- Detalles
Caballero inaugurou a mostra fotográfica sobre a historia do baloncesto vigués fronte ao Museo Marco
- Detalles