Colaboradores
- 1
- 2
- 3
As bolsas VIDE 2020 chegan a vinte deportistas sub-23 e o programa xa entregou 140.000 euros dende 2014

17 Decembro 2020
As bolsas VIDE 2020 pola tempada 2019/20 alcanzaron nesta sétima edición a vinte deportistas sub-23 de once disciplinas. Atletismo, bádminton, esgrima, gimnasia, halterofilia, kickboxing, natación artística, remo, squash, taekwondo e vela tiveron como mínimo un representante, que no caso da vela elevouse a catro ata completar os 20.000 euros con que a Fundación Vigo en Deporte dota este programa.
Ler máis...VIDE abre a súa sétima convocatoria consecutiva de axudas ao deporte individual, cun prazo de entrega de solicitudes dende hoxe ao 3 de decembro

19 Novembro 2020
A Fundación Vigo en Deporte abriu hoxe a súa sétima convocatoria consecutiva para deportistas individuais, parellas, tríos e cuartetos en idade sub-23 polos seus resultados da tempada anterior. O vicepresidente de VIDE, o concelleiro de Deportes Manel Fernández, anunciou o inicio da recepción de solicitudes para estas bolsas anuais, cuxo prazo remata o vindeiro xoves 3 de decembro.
Ler máis...A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lanzan un novo sorteo co obxectivo de acadar 46.000 euros para os clubs do programa Siareiros

30 Outubro 2019
En marcha unha nova edición do tradicional sorteo dunha viaxe para obter fondos para os clubs do programa Siareiros. A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) e Viaxes Zonda lanzan a quinta campaña consecutiva, con 46.000 euros en boletos para o sorteo dunha viaxe a Marrocos, Ceuta, Xerez e Alxeciras.
Ler máis...- Detalles
O Club Natación Vigo Rías Baixas presentouse este sábado na piscina municipal de Teis nun acto multitudinario ao que acudiu o alcalde da cidade, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández (presidente de VIDE), e o deputado provincial e edil Ángel Rivas. O club tamén contou co apoio de Chano Rodríguez, nadador paralímpico.
A entidade que preside Antonio Vázquez estrea categoría este exercicio, ao acadar o ascenso a Primeira División a pasada primavera. En dous anos, o Vigo Rías Baixas saltou de Terceira á Primeira na competición galega por clubs en piscina. Agora "a permanencia é a meta", sostén o directivo.
- Detalles
Caballero inaugurou a mostra fotográfica sobre a historia do baloncesto vigués fronte ao Museo Marco
- Detalles
- Detalles

- Detalles
Futebol Clube do Porto e Morabanc Andorra, equipos da Liga Placard lusa e da Liga ACB, respectivamente, xogarán o sábado 15 de setembro (20:00 horas) a terceira edición do Memorial Quino Salvo no Central das Travesas.