Colaboradores
- 1
- 2
A gañadora do sorteo dunha viaxe recibiu o seu premio das mans da directora de Viaxes Zonda e de Manel Fernández

13 Marzo 2023
Xa temos gañador da viaxe para dúas persoas cortesía de Viaxes Zonda, desta volta gañadora. O boleto, dos ofrecidos polo club Balona Linense FS, foi mercado (doazón de 1 euro) por Verónica Fernández.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...Daniel Bargiela e Marta Fernández, sólidos líderes do circuíto Cidade de Vigo de Carreiras Populares
- Detalles
Daniel Bargiela e Marta Fernández, do Corredoiras de Bueu e do Comesaña Sporting Club, respectivamente, fortaleceron coa súa participación e triunfo na Vigo+11 o 4 de outubro a súa posición no Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares. Bargiela foi terceiro na xeral da carreira, Trofeo El Corte Inglés, terceira proba do circuíto, mentres que a atleta gondomareña do Comesaña rematou primeira os 11,2 quilómetros urbanos.
- Detalles
Vigo en Xogo, a competición recreativa por excelencia dá cidade, regresa ou fin de semana ás súas tres disciplinas: fútbol 7, fútbol sala e baloncesto. Auspiciada pola Agrupación Deportiva Vigo, que preside Alejandro Costas, este programa que ten ou apoio de Tenza de Alcaldía, Concellería de Deportes, Fundación Vigo en Deporte e IMD, leva cada domingo a un importante número de campos do municipio a entre 4.000 e 5.000 deportistas.
- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte entregou onte os premios Siareiros, un recoñecemento creado este ano para lembrar a tempada pasada. E fíxoo nunha gala de inicio da campaña 2009/2010 no Verbum-Casa das Palabras; nel deuse cita todo o deporte Siareiro vigués, uns corenta clubs entre as entidades de base e as de elite adscritas ao programa Siareiros, os patróns de VIDE (Concello, PSA Peugeot Citroën, Caixanova e Pescanova) e as empresas patrocinadoras e colaboradoras.
- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte remitiu aos clubs da cidade a posibilidade de inscribirse no programa Siareiros 2009/2010. Esta iniciativa contempla como cada ano a posibilidade para os equipo de elite de incorporarse á opción Siareiro Elite, que permite cun só carné captar socios para ver todos os partidos dos equipos incluídos nese programa, e a opción Siareiro Club, que aglutina aos simpatizantes dos clubs de base que realizan unha pequena achega a modo de axuda.
- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte organiza mañá xoves ás 20.00 horas no Verbum o acto de inicio da tempada 2009/2010 dos clubs Siareiros Elite e Siareiros Base. Este encontro do deporte vigués, que pretende ser anual, incluirá a entrega dos Premios Siareiros 08/09, unha iniciativa máis para dinamizar un sector que move e forma centos de mozos e mozas cada ano.