Colaboradores
- 1
- 2
A Fundación VIDE lanza este xoves a preinscrición para os tres campus polideportivos de xuño e xullo nas Travesas e Samil

15 Maio 2023
A Fundación Vigo en Deporte lanza a preinscrición para os seus tres campus polideportivos, que contarán co apoio dos cadros técnicos dos principis clubs adscritos ao programa Siareiros. Este programa, que dá continuidade no verán ao prograna municipal de escolas deportivas, comezou no ano 2000 e por el xa pasaron milleiros de nenas e nenos.
Ler máis...O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022
A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.
Ler máis...- Detalles
“Enhorabuena por el informe. La organización es tan buena que nos vamos tranquilos porque hay muchas cosas ya preparadas para hacer el mejor Foro FISU”.
Claude-Louis Gallien, presidente del Comité para el Estudio del Deporte Universitario (CESU) y, además, vicepresidente primero de la Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU), felicitaba así al comité local organizador del X Foro FISU, felicitaba así ao comité local organizador do X Foro FISU, polo seu “completo” traballo preparatorio dun encontro que en 2010 reunirá en Vigo a máis de 200 delegados duns 50 países para debater sobre o estado do deporte universitario mundial. O CESU considerou que Vigo está lista para organizar un evento dese calibre.
- Detalles
O Comité para o Estudo do Deporte Universitario (CESU) mantivo hoxe en Vigo a primeira das dúas xornadas de traballo sobre dous dos futuros eventos que organiza a Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU), as Universiadas de verán de Shenzen 2011 e Gwang-ju 2015, e sobre os resultados da última Universiada, este verán en Belgrado.
- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte porá en marcha nas vindeiras datas unha nova campaña para potenciar a presenza dos clubs de elite nos centros escolares da cidade.
A decisión foi tomada grazas ao éxito das convocatorias e, especialmente, ao interese dos propias entidades deportivas por fomentar entre alumnos e alumnas a práctica de calquera das disciplinas explicadas. VIDE esperou un tempo razoable para comunicar aos directores de institutos e colexios a dispoñibilidade dos clubs do programa Siareiros Elite, o que fará agora. Preténdese que as institucións educativas poidan concertar visitas dos equipos a partir da segunda metade de novembro, é dicir, antes que a tempada pasada.
- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte está novamente de parabén. Tras o éxito do verán dun dos seus bolseiros elite, Sechu López, ao ascender ao G2, agora chega unha medalla en taekwondo.
- Detalles
O Circuíto Cidade de Vigo de carreiras populares mantén aberta a súa inscrición disputadas tres das cinco probas de que consta. Cando o emocionante campionato por puntos encara a súa recta final, a organización mantén aberto o prazo de inscrición porque dende a Concellería de Deportes e a Fundación VIDE, organizadoras deste evento, enténdese que se debe seguir animando a que o ou a atleta que o desexen inscríbanse no circuíto, que a día de hoxe conta con 118 inscritos.