Concello de Vigo    

Cabeceira Vide
  • 1
  • 2

Caballero di que a “épica” vai definir o Trail Montes de Vigo, en outubro dende Fragoselo e con “dureza extrema”

Caballero di que a “épica” vai definir o Trail Montes de Vigo, en outubro dende Fragoselo e con “dureza extrema”

26 Setembro 2023

Abel Caballero, alcalde de Vigo, anunciou hoxe o regreso do Trail Montes de Vigo, o vindeiro 22 de outubro, despois de catro anos de ausencia da proba pola pandemia. As parroquias viguesas de Coruxo, Saiáns e Oia, ademais da de Chandebrito, en Nigrán, serán o escenario da competición, que o rexedor definiu como “épica” pola dificultade dunha carreira cun trail longo (24 quilómetros) e outro curto (15 km.), con desniveis de 1.500 metros. “É unha proba de dureza extrema”, resumiu Caballero, que dixo tamén que o evento ofrece “un discurso medioambiental e de atletismo”, baixo a organización da Mancomunidade de Montes de Vigo, que preside Uxío González, e co patrocinio do Concello.

Ler máis...

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

O programa VIDE en Futuro, de récord este ano: 29 deportistas reciben unha axuda económica polos seus resultados 21-22

23 Decembro 2022

A Fundación Vigo en Deporte bateu tódalas marcas de axudas ao deporte individual ao chegar a vinte e nove deportistas, dez deles mulleres, na súa novena edición das bolsas sub-23. O programa VIDE en Futuro, que se chama así dende o ano pasado, volveu repartir 20.000 euros e xa suma 180.000 dende 2014 para as modalidades individuais, dúos ou tríos.

Ler máis...

supercopafutbolsalaDúas cadeas de televisión envorcaranse coa Supercopa de España de fútbol sala, no pavillón central de Travesas os días 7 e 8 deste mes, para levar a Vigo a todos os recunchos do país. Esta vixésima edición, que promete gran espectáculo, será ofrecida por Teledeporte (canle temática de TVE) e VEO7, que se estrea no fútbol sala con este evento. O xoves, Teledeporte ofrecerá a primeira semifinal (Elpozo Murcia Turística-FC Barcelona), mentres que a segunda está reservada para VEO7. A final do venres será emitida por ambas as cadeas.

 

mastergallegotenis09Miguel Casal Arantes e Arianna Paules Aldrey foron os vencedores do Master Gallego de Tenis 2009 celebrado os días 2 e 3 de Xaneiro de 2010 nos Pavillóns de Serves e Coroso situados en Ribeira.

 

 

partidos2-091Nun Pavillón de Coia, con moitos afeccionados, celebrouse a última xornada da Copa Galicia de Voleibol. En primeiro lugar celebráronse os terceiros e cuartos postos, tanto en categoría masculina como feminina, que depararon os seguintes resultados:

 

felicitacion-vide“Unha viaxe de 10.000 quilómetros empeza por un só paso”, di un antigo proverbio chinés. VIDE leva dende 2002 dando pequenos pasos no deporte vigués e espera seguir esa filosofía da constancia co ano novo.

 

sub elite siareirosA Fundación Vigo en Deporte pecha o seu oitavo ano de existencia cun investimento no deporte local duns 300.000 euros, entre as doazóns aos clubs polo programa Siareiros Elite, as axudas ás entidades deportivas máis modestas para cubrir o custo das pistas de adestramento e o programa Siareiros Base ou as bolsas aos deportistas individuais polos seus méritos ao longo do ano.