Colaboradores
- 1
- 2
Aberto o prazo de inscrición para os tres campus polideportivos que organiza VIDE nas Travesas e Samil

27 Maio 2022
Aberto o prazo para unha nova edición dos campamentos polideportivos que organiza a Fundación Vigo en Deporte. Seguindo a liña dos últimos anos, VIDE oferta un total de 300 prazas para nenas e nenos de 6 a 14 anos. Haberá dúas quendas no complexo das Travesas e unha no complexo de Samil. Deste xeito, o primeiro dos campus vai ser do 27 de xuño ao 1 de xullo, o segundo, tamén nas Travesas, do 4 ao 8 de xullo, mentres que en Samil terá lugar o derradeiro campamento polideportivo do 11 ao 15 de xullo.
Ler máis...A Fundación VIDE e Viaxes Zonda entregaron esta semana o bono ao gañador do sorteo dunha viaxe para dúas persoas
07 Abril 2022
Manel Fernández, concelleiro de Deportes e vicepresidente da Fundación VIDE, e Alice Martínez, directora de Viaxes Zonda, fixeron entrega do bono para unha viaxe ao vencedor do sorteo incluído no programa Siareiros. O posuidor do boleto 22.307, vendido polo Club Ciclista Vigués, gañou unha viaxe para dúas persoas.
Ler máis...- Detalles
Xa temos boleto gañador. Este sábado foi sorteada no descanso do partido do Iberconsa Amfiv fronte ao Amiab Albacete a viaxe para quen participou no concurso de apoio ao deporte vigués que impulsaron Viaxes Zonda e a Fundación Vigo en Deporte (VIDE).
- Detalles
A Fundación Vigo en Deporte (VIDE) entra nunha nova etapa. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que é o vicepresidente de VIDE, asinou este pasado xoves no Concello os convenios con seis empresas de Vigo (Corporación de Comunicaciones, Frutas Nieves, Gadis, Naviera Mar de Ons, Recalvi e Vitrasa) polos que estas se vinculan a VIDE como patrocinadores.
- Detalles
Un cento de partidos, campos cheos, frío, emoción, equilibrio, luz artificial de última xeración para seguir sen dificultade os partidos nocturnos... A sétima edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo arrincou este xoves cun maratón de encontros en categoría alevín para determinar esta tarde (17:20 horas, Meixoeiro) o primeiro campión do trofeo, que ademais accederá ao Super 6 do sábado no Municipal Pahiño.
- Detalles
O fútbol feminino copa parte do protagonismo da nova edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo de fútbol 8 e fútbol 11, pois por vez primeira inclúese unha categoría específica (para xogadoras de 12 anos ou máis). De feito, tres futbolistas, Anita (Ana Iglesias, Valladares) e as sardomistas Laura (Laura Martínez) e Ildara Pérez foron as futbolistas que acudiron á presentación do evento co alcalde.
- Detalles
Do 26 ao 29 deste mes, un total de 118 equipos de 36 clubs disputarán o VII Torneo de Nadal Concello de Vigo, fundamentalmente vigués (27 clubs) pero que tamén convoca nas súas cinco categorías (prebenxamín, benxamín, alevín e feminino en fútbol 8 e infantil en fútbol 11) a equipos de Monçao (Portugal), Val Miñor, O Porriño, Ponteareas e Cangas, ademais do Deportivo, Lugo, Ponte Ourense e Oporto para o "Super 6" alevín do sábado 28.