Cabecera Vide

Fin de semana fructífero para os Halcones

halcones abrilEste Sábado os Halconcitos trasladáronse ata Cambre para xogar o seu segundo partido de Liga Galega Cadete. O partido finalizaba con resultado de 18-17 favorable ao equipo de Cambre, despois de remontar unha diferenza de 7 carreiras na 4ª e ultima entrada. Os rapaces realizaron unha magnifica labor á ofensiva, esperando moi ben os strikes do lanzador para poder conectar bos batazos de hit, non obstante á defensiva non estiveron tan acertados ningún dos dous equipos, de aí o resultado final.

En canto ao equipo senior, encontro amigable disputado este pasado domingo en Aveiro, que serviu de preparación para os xogadores con menos experiencia e os mozos da canteira que veñen pisando forte para pertencer ao equipo do próximo ano. O partido finalizo cun resultado a favor dos lusos de 15 a 7 carreiras, do cál sacamos cousas moi positivas dos novos xogadores.