Cabecera Vide

Xornada beisbolera a próxima fin de semana en Vigo

imagescat61vl2A próxima fin de semana, 16 de outubro Los Halcones de Vigo reciben ao equipo infantil Indians de Arteixo no torneo Infantil Cidade de Vigo.

Haberá dous encontros entre ambos os dous equipos, o primeiro comeza as 11:00, ao finalizar haberá un descanso e logo volveranse enfrontar. Pola tarde a partir das 16:00 tocará a quenda ao equipo Senior o cal se enfrontará ao equipo de Cambre BC.

Ao día seguinte (domingo 17) virán á nosa cidade os Leóns de Santiago a enfrontarse a Los Halcones en categoría Senior a partir das 11:00.

Aproveitarase para poñer en acción algúns xuvenís da canteira viguesa en ambas as dúas xornadas co equipo grande; ademais virá o próximo adestrador do equipo División de Honra para facer un balance do material humano e deportivo con que se conta actualmente.