Cabecera Vide

O Aldasa pecha a primeira volta na sexta praza e certifica a súa presenza na Copa

Os vigueses non fallaron na súa visita a Barcelona (56-69), nun choque que dominaron case por completo, a pesar de ceder o primeiro cuarto, aínda que non coa comodidade desexada. Desta forma, o conxunto de Abraham Carrión remata o primeiro tramo da competición na sexta praza cun balance de cinco triunfos e seis derrotas.

Primeiro obxectivo conseguido. O Aldasa Amfiv gañou a domicilio ao Barcelona-Unes San Feliu (56-69) e confirmou a consecución da primeira das metas establecidas para esta tempada: a clasificación para a Copa do Rei que se disputará en Toledo do 26 ao 28 de marzo. Ademais, o triunfo ante os azulgrana serve igualmente para que os vigueses continúen coa boa liña das últimas xornadas sumando a súa cuarta vitoria nos últimos cinco choques, pechando a primeira volta na sexta praza cun balance de 5 triunfos e 6 derrotas.

O Aldasa necesitaba a vitoria en Barcelona ante o penúltimo clasificado para non ter que recorrer á calculadora e garantir a súa presenza na Copa do Rei. Conseguiuno aínda que non foi doado porque aos pupilos de Abraham Carrión lles custou adaptarse á pista de goma e a un permisivo arbitraxe, que deixou a ambas as dúas defensas empregarse a fondo, meter moitas mans e utilizar o contacto. Deste modo, fíxose difícil tanto para os locais coma para os visitantes anotar con fluidez e comodidade dentro da zona, co que o partido resultou bastante trabado.

O proceso de adaptación ao choque do Aldasa durou dez minutos. Porque os vigueses abusaron do tiro exterior no primeiro cuarto, con precipitados tiros dende fóra consentindo cómodos contragolpes dun Barcelona máis centrado dende o asubío inicial e que conseguía adiantarse no marcador (18-15, min.10).

O Amfiv mostrouse moito máis asentado sobre a pista nos seguintes dez minutos, aproveitando precisamente a arma co que os azulgrana cimentaran a súa vantaxe. A mellora no rebote defensivo permitiu aos visitantes contragolpear con claridade e marchar ao intermedio cunha renda xa interesante de sete puntos (28-35, min.20).

Tras o descanso, o encontro seguiu sendo moi disputado, sen reflectir fielmente sobre a pista a diferenza teórica existente entre ambos os dous equipos. A principal razón de que isto non sucedese foi a defensa formulada por o Barcelona, unha zona moi pechada aproveitando a permisividad arbitral para non deixar anotar os vigueses preto do aro. Así, o Aldasa tivo que recorrer e mesmo abusar do tiro exterior ante a extrema dificultade para sumar puntos dende dentro. Mentres, Abraham Carrión aproveitaba o choque para rotar aos seus xogadores e que todos puidesen dispoñer de minutos.   E eles respondían á súa confianza elevando a trece puntos a súa renda ao termo do terceiro período (41-54, min.30) e conservando a diferenza á conclusión do partido (56-69).

FICHA TÉCNICA
BARCELONA: Teddi Sacristán (3), Alexander Carrillo (10), Jonhy Tiján (4), Thomas Schoeder (10), Breiche Doody (23) -cinco inicial-, Juan Calvín (-) e Sergio Gómez (6).
ALDASA AMFIV: Xullo Vilas (4), Berni Costas (2), Moncho Pombo (2), Lorenzo Envó (8), Lalo (10) -cinco inicial-, Leo Tahti (7), Najib Essahiri (-), Agustín Alejos (15), Santi Comesaña (-), Vicky Alonso (4) e David Mouriz (17).
PARCIAIS: 18-15, 28-35 (descanso), 41-54 e 56-69 (final).
ÁRBITROS: López e Piñol. Sen eliminados.
INCIDENCIAS: Encontro correspondente á décimo primeira xornada da División de Honra de Baloncesto en Cadeira de Rodas.