Sorteouse este sábado a viaxe para dúas persoas patrocinada por Viaxes Zonda. Como é habitual, a Fundación VIDE, promotora desta acción, levou o sorteo ao partido do equipo de máis alta categoría de entre os máis de corenta clubs adscritos ao programa Siareiros.
Deste xeito, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, en representación de VIDE, e a directora de Zonda, Alice Martínez, acudiron ao partido entre o Iberconsa Amfiv e o Amivel, no polideportivo municipal Pablo Beiro, en Bouzas.
Dos boletos no bombo saíu gañador o número 22.307, vendido polo Club Ciclista Vigués. Reservas, por esta orde, foron o 37.958 (mercado ao Flic Flac) e o 41.636 (Balonmán Lavadores).
A Fundación VIDE e Viaxes Zonda lograron con este sorteo que as entidades deportivas viguesas recadaran un otal de 45.000 euros, unha excelente nova neste tempos. A viaxe é un premio dunha fin de semana para dúas persoas que Viaxes Zonda doa entre Portugal (Lisboa ou Oporto), Salamanca, Andalucía ou País Vasco.
Manel Fernández, concelleiro de Deportes e, por delegación do alcalde, xestor da Fundación Vigo en Deporte como o seu vicepresidente, agradeceu de novo a resposta do tecido empresarial, nomeadamente de Viaxes Zonda, polo seu compromiso polo deporte vigués.
Despois de dous anos de ausencia polo coronavirus, VIDE recuperou esta iniciativa cando a nova normalidade permitiu ofertar unha viaxe. Vigo en Deporte mantén tamén o apoio aos clubs cunha axuda directa polos adestramentos da tempada.
Dende o primeiro sorteo patrocinado por Zonda os clubs acadaron coa venda de boletos (unha doación de 1 euro por número) uns 250.000 euros.
A viaxe, para dúas persoas, inclúe traslado en autopullman dende Vigo e pensión completa en hotel de tres o cuatro estrelas.