partido Bembrive Rodiles 5O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou en rolda de prensa a edición 2021 da Vigo Cup, o torneo internacional de fútbol sala, fútbol 7 e fútbol 11 que este ano se vai disputar do 28 de xuño ao 11 de xullo, coa primeira semana para o fútbol sala (28 de xuño ao 4 de xullo) e a segunda para o fútbol 7 e fútbol 11 (5 ao 11 de xullo).

O rexedor explicou que co avance da nova normalidade grazas á vacinación, a Fundación VIDE, que organiza a competición por encargo do Concello, abre a inscrición a custo cero, é dicir: tódolos equipos xogarán de balde.
“Retomamos os dous grandes torneos deportivos coa nova normalidade”, manifestou Caballero. A cuarta Vigo Cup de fútbol sala e a vixésima Vigo Cup de fútbol 7 e fútbol 11 están programadas “con tódolos protocolos anti Covid-19”, afirmou. O torneo está reservado para nenos e nenas con licencia federativa da RFGF.

O evento, enfocado aos equipos e clubs de Vigo e da súa área de influencia, ten prazo máximo de inscrición por correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para a competición de fútbol sala e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.). Para os equipos de fútbol base: o 11 de xuño o torneo de fútbol sala; o 28 no caso do fútbol base. Son as datas habituais, as mesmas que estaban previstas no 2020, cando se tivo que cancelar o campionato pola pandemia.

Vigo en Deporte conta para estas dúas semanas de competición co apoio de Gadis, Grupo Recalvi, Vitrasa, Grupo CdeC, Naviera Mar de Ons, Frutas Nieves, New Balance, Coca-Cola, Viaxes Zonda, Hyundai Hyupersa Vigo, Altia e Faro de Vigo como patrocinadores.  

Información - Vigo Cup futsal 2021

Solicitude de inscrición - Vigo Cup futsal 2021

Inscrición xogadores - Vigo Cup futsal 2021

Información - Vigo Cup fútbol 2021

Inscrición equipos - Vigo Cup fútbol 2021

Inscrición xogadores - Vigo Cup fútbol 2021