Cabecera Vide

O club bádminton As Neves queda segundo na primeira fase da Liga Nacional de bádminton - primeira división

cbasneves26.1.10O sábado día 23 e domingo 24 de xaneiro de 2010 a disputo no Pavillón Horta do Rei de Valladolid a cuarta xornada da Liga Nacional de Bádminton de Primeira División con participación do club galego Club Bádminton As Neves.

O CB As Neves remato esta primeira fase de forma soberbia ao lograr o segundo posto na clasificación xeral coas dúas novas vitorias por 6-1 ao CB Triana e 7-0 ao CB Adra e sucumbiu en encontro moi igualada ante o primeiro desta fase o CB Soderinsa Rinconada "B" por 2-5.

Esta derrota non pode embazar a grande primeira fase realizada polo Club Bádminton As Neves que perdeu 2-5 ante un equipo reforzado con tres xogadores do equipo de División de Honra campión nas últimas edicións cos xogadores a chinesa Sang Li e o indonesio Gordown Khosadalina.

O CB As Neves estivo composto por Pablo Méndez, David Durán, Bruno Moldes, Angela Soto, Andrea Fernández, Nerea Alvés, Leticia Rodríguez e Ana Durán.

O parcial do encontro por o titulo foi:

Dobres mixtos: Leticia Rodríguez/Pablo Méndez - Sang Li/Gordown Khosadalina 11-21 e 13-21
Dobres feminino: Andrea Fernández/Angela Soto - Eva Romero/Laura Falces 12-21, 21-19 e 17-21
Dobres masculino: Bruno Moldes/David Durán - Gordown Khosadalina/Javier Torrado 22-20, 24-26 e 13-21
Individual feminino: Andrea Fernández - Eva Romero 22-20 e 21-18
Individual masculino: Pablo Méndez - Juan Bretones 15-21, 23-21 e 21-12
Individual feminino: Angela Soto - Sang Li 10-21 e 10-21
Individual masculino: David Durán - Juan Manuel Fernández 7-21 e 14-21

Esta é a clasificación final de primeira nacional:

1. - CB Soderinsa Rinconada "B" con 39 puntos
2. - CB As Neves   con 36 puntos
3. - Club Universitario Donosita con 33 puntos
4. - CB IES a Orde "B" - Huelva con 33 puntos.
5. - CB Viraventos "B" - Granada con 33 puntos
6. - CB Mahón   con 30 puntos.
7. - CB Benalmadena "B"  con 30 puntos
8. - CB Arjonilla   con 24 puntos
9. - CB Estella   con 24 puntos
10. - CB Casablanca - Cádiz con 24 puntos.
11. - CB Adra   con 20 puntos
12. - Universidade de Valladolid con 15 puntos
13. - CB Triana   con 9 puntos
14. - CB Albacete   con 5 puntos
15. - CESIB La Garriga  con 3 puntos.
16. - CB Leganés   con 0 puntos

Despois desta xornada os play off polo título quedan do seguinte xeito:

¼ de final polo título:
1) CB Arjonilla - CB Soderinsa Rinconada "B"
2) CB IES La Orden "B" - CB Viraventos "B"
3) CB Benalmadena "B" - CB As Neves
4) CB Mahón - Club Universitario Donostia
Os partidos vanse disputar a ida no campo do primeiro equipo o 30 de xaneiro de 2010 e a volta o 20 de febreiro de 2010.
Os gañadores do partido 1 e 2 e o gañador do 3 e 4 serán as semifinais.

O Club Bádminton As Neves parte con moitas opcións de pasar ás semifinais que lle darían o ascenso a división de honra xa que o a primeira fase dobrego ao club andaluz por 5 a 2.

Toda a información pode atopar na páxina Web www.todostorneos.es