Cabecera Vide

Bargiela e Fernández, que gañaron o Circuíto 2009, destacan e agradeceron esta iniciativa municipal

carreiraspopularesdanielTanto Xabier Alonso, concelleiro de Deportes e presidente da Fundación VIDE, como os gañadores da máxima categoría do Circuíto 2009, a gondomareña fincada en Vigo Marta Fernández (Comesaña Sporting Club) e o ponteareán Daniel Bargiela (Ourense Academia Postal), apelaron á solidariedade dos atletas durante as probas para valorar a importancia das carreiras atléticas, nas que o esforzo individual tamén ten o apoio do colectivo nos momentos duros das probas.

Bargiela e Fernández aplaudiron a iniciativa municipal apoiada por VIDE e fixeron votos para que continúe no tempo porque consideran esta experiencia “moi positiva para o atletismo local”. Marta Fernández tamén pediu o aplauso “para os atletas anónimos” que participan en cada proba.

Pola súa banda, Laura Magdalena, directora xerente de VIDE, asegurou a máxima disposición loxística da Fundación para o Circuíto 2010, lembrando que o atletismo é o deporte rei e “o que máis olímpicos deu á cidade”.