Cabecera Vide

A Universidade de Vigo anuncia para o vindeiro 21 de marzo a cuarta edición da 10 km. Cidade Universitaria

cartel10kmcuviO domingo 21 de marzo deste ano terá lugar a cuarta edición da proba 10 km. Cidade Universitaria, unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, en colaboración coa Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo e o Comesaña Sporting Club.

A proba consiste nunha carreira de 10.000 metros de percorrido que se desenvolverá nun doado circuíto de tres voltas habilitado no contorno do campus de Vigo.

Pode participar calquera persoa maior de 18 anos. Non é necesario ser membro da comunidade universitaria nin estar federado. O límite máximo de inscricións previsto pola organización, como o ano anterior, é de 600 participantes. Tódolos corredores recibirán como agasallo de participación unha camiseta da proba e haberá premios en metálico para os primeiros clasificados.

A proba é a primeira do Circuíto de Carreiras Populares Cidade de Vigo, como en 2009.

pdf  Regulamento (217.05 kB)