Cabecera Vide

Galicia logrou un total de 6 títulos no V Trofeo Vila de As Neves de bádminton

badmintonasneves17.1.10O 16 e 17 de xaneiro de 2010 o Pavillón Municipal de As Neves a celebro a oitava proba do Circuíto Nacional de Bádminton sub-15 e sub-17 -V Trofeo Vila de As Neves.

Esta quinta edición supuxo un gran reto para o CB As Neves e foi a máis importante das celebradas ata agora se nos atemos ás cifras: 130 participantes representando a un total de nove comunidades máis Portugal e 26 clubs que van a disputaron un total de 300 partidos repartidos en 270 o sábado entre as previas e os cadros e 30 o domingo coas semifinais e as finais.

O Pavillón Municipal de As Neves foi esta fin de semana un hervidero de xente tanto fose como local que puido gozar dunha intensa fin de semana de Bádminton.

Os xogadores galegos brillaron nesta cita e os que partían con opcións ao titulo confirmárono brillando sobre todos tres xogadores que lograron dous títulos cada un e acapararon todo o protagonismo. A xogadora local Angela Soto ante o seu público non defraudo e acrecentou o seu palmarés ao lograr dous títulos máis aos catro que xa ten en individual feminino e dobres feminino sub-17. Este éxito referéndase coa chamada da selección nacional sub-19 para o internacional de España sub-19 de Alicante en febreiro. Javier González do CB Los Sauces de Pontevedra tamén realizo un excelente campionato logrando os título en dobres masculino e dobres mixtos sub-17 e outro dos grandes valores do Bádminton galego, Pablo Sanmartin do CB Thebes&Reale de A Estrada confirmo a súa boa tempada con dous títulos máis en individual masculino e dobres masculino sub-15. A parte destes xogadores tamén subiron o podium os galegos Andrea Gutiérrez del Club del Mar en dobres mixtos sub-17 con Javi e Xoel Liñares do CB A Estrada con Pablo en dobres masculino sub-15.

A competición a desenvolvemento o sábado en xornada intensa de 09 a 23 horas, incluída no programa a presentación e recepción na Adegas Couto Redondo e o domingo de 09:30 a 14:30 horas coa entrega de trofeos por parte das autoridades presentes que tamén asistiron en gran número. Rául Emilio Castro Alcade de As Neves e Carlos González Concejal de Deportes, Antonio Méndez Gerente de Adegas Coto Redondo, Francisco e Paco Durán xerentes de Forxados Irmáns Durán, Daniel Benavides xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, Rodrigo Sanjurjo Presidente de la Federación Galega de Bádminton e Diana Rodríguez Presidenta do CB As Neves.

Este foi o cadro de honra da V Trofeo Concello de As Neves -8 PCN sub-15/sub-17 de Bádminton.

Categoría sub-15:
- Individual Masculino:
o Campión: Pablo Sanmartin (CB Thebes&Reale A Estrada) 21-14 e 21-6
o Segundo: Daniel Alvarez (CB Oviedo-Asturias)
- Individual Feminino:
o Campioa: Maria Vijande (CB Oviedo-Asturias) 21-6 e 21-5
o Segunda: María Sánchez (CB Estella-Navarra)
- Dobres Masculino:
o Campións: Pablo Sanmartin/Xoel Liñares (CB A Estrada) 21-19 e 21-18
o Segundos: Antonio José García/Angel Villanueva (CB Arjonilla-Andalucía)
- Dobres Feminino:
o Campioas: Maria Vijande/Min Zhao (CB Oviedo) 21-17 e 21-10
o Segundas: Clara Azurmendi/Elena Gil (Universitario Donistia-País Vasco)
- Dobres Mixos:
o Campións: Maria Vijande/Min Zhao (CB Oviedo) 21-12 e 21-8
o Segundos: José Manuel Padin/Olinda Pardo (CB Thebes&Reale A Estrada)

Categoría sub-17:
- Individual Masculino:
o Campión: Adrián Lumbreras (CB Burato Manzanares-Madrid) 23-21 e 21-15
o Segundo: Alejandro Rodríguez (CB IES La Orden-Andalucía)
- Individual Feminino:
o Campioa: Angela Soto (CB As Neves) 21-17 e 21-19
o Segunda: Laura Primo (AD Regueiro Tejada-Madrid)
- Dobres Masculino:
o Campións: Javier González/Mario González (CB Los Sauces/CB Oviedo) 21-14 e 21-15
o Segundos: David Manzano/Iñigo Urra (CB Estella-Navarra)
- Dobres Feminino:
o Campioas: Angela Soto/Claudia Martin (CB As Neves/CB Vegadeo) 21-19 e 22-20
o Segundas: Andrea Gutiérrez/Laura Primo (Club do Mar/Regueiro Tejada)
- Dobres Mixos:
o Campións: Javier González/Andrea Gutiérrez (Os Salgueiros/Club do Mar) 21-13 e 21-10
o Segundos: David Manzano/Puy Ortiz (CB Estella)