Cabecera Vide

Sechu López fai cumio no seu terceiro "ochomil"

sechu_lopez_himalayaO montañeiro vigués e becado VIDE, Sechu López, alcanzou onte o cumio central do Shisha Pangma, no que supón o terceiro "ochomil" da súa carreira deportiva. Obxectivo cumprido, Sechu anunciaba onte, sobre as 15 horas, na súa conta de Facebook, que conquistara o cumio de 8.027 metros.

O deportista de Montañeiros Celtas dedicou a súa fazaña ao seu compañeiro, e tamén vigués, Abel Alonso, recentemente falecido no Gasherbrum I.

López chegará a Vigo o próximo 13 de outubro.