Cabecera Vide

O Concello de Vigo incorpora a La Caixa como colaborador co deporte na cidade a través de Vide

la_caixaAbel Caballero avanzou onte mércores que La Caixa vai asinar un convenio co Concello de Vigo para patrocinar o deporte local a través de VIDE. Así o explicou logo de manter un encontro con responsables da entidade bancaria.

O Concello e La Caixa asinarán un convenio de colaboración para cooperar no finanzamento do deporte local a través da Fundación Vigo en Deporte. Tal e como dixo Caballero logo de recibir a responsables da entidade financeira, estes trasladaron ao alcalde o seu interese en participar en novas liñas de desenvolvemento de obra social na cidade. Nestes momentos, La Caixa conta con 34 oficiñas e 122 traballadores na cidade, ademais dunha "importante acción económica e obra social".

Na fotografía momento da reunión mantida onte, no Concello de Vigo, co alcalde Abel Caballero, o presidente de Vide e concelleiro de deportes, Manel Fernández xunto cos representantes de La Caixa.