Cabecera Vide

Día Europeo de Fundacións e Doadores

dia_europeo_fundacionesHoxe, 1 de outubro, celébrase o día europeo de fundacións e doadores. Por primeira vez, fundacións de todo o continente uniranse nunha acción común que subliñe o valor do seu traballo mediante a celebración de actividades simultáneas, co fin de que a sociedade mellore o seu coñecemento sobre estas entidades.

Trátase dunha iniciativa de DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe, presidida por Rosa Galego-directora da AEF-) que se celebrará en doce países e que a Asociación Española de Fundaciones promove en España.